16 may 2024
Sara Pérez, autora do libro «Luísa Villalta, a poesía en que salvarse»: «Ela non foi unha persoa 'ao uso' en nada»
«O pouso que deixa a Luísa que homenaxeamos é o de loitar, o de non dar nada por feito, o de defender o que un mesmo cre e sente», subliña a xornalista Sara Pérez, autora deste libro que salva o recordo dunha artista que non se vendía