Música e poesía para gozar das Letras Galegas: concertos, recitais e actos literarios multiplícanse por toda a provincia para homenaxear a Luísa Villalta
A obra póstuma de Luísa Villalta, «As palabras ingrávidas», reúne medio cento de poemas nos que dialoga con grandes voces da literatura universal, e amosa a altura estética e o fondo conceptual, reflexivo e filosófico dos seus derradeiros versos
É a sexta autora pola que aposta a Real Academia Galega para o 17 de maio. Allea ás modas e correntes, a poeta da Cidade Alta foise demasiado cedo deixando un interrogante e moitos lamentos. Canto nos perdemos desta voz xenuína?